Poesía:
O xurado integrado por Sebastián Anxo Rozas Álvarez, Mª Pilar Espiño Espantoso e Ángeles García
Otero, acorda por unanimidade outorgar o 1º Premio do III Concurso literario Mª
Vitoria Taboada de poesía aos
poemas Preciso un comezo, Transición e infortunio e Á espera dun punto final da
autoría de DAVID CABALEIRO OTERO, asinados co pseudónimo Comoaugademaio: por
“reflectir sentimentos moi profundos cargados de emoción mais sen engadir
dramatismo e pola elegancia na construción dos poemas, así como polo
emprego dun vocabulario coidado e ben escollido”.
David Cabaleiro Otero
PRECISO UN COMEZO
Quero vivir nun mundo finxido.Crear, rompendo e moldeandoas criaturas nunha paisaxecon horizontes de cores pastel.Luminosidade e texturasmóvense entre as xemas dos dedos,facéndome cóxegasmentres desprendo emoción imposible.Soamente con este pincel,sei que será suficiente para enchertodo o perigoso baleirodunha folla en branco.Non quero, atérrame pensarnunha historia tan escura,nos monstros que devoran as coresdeixándome tan só e espido.Síntome esvarar na humidade,que afoga como un día nubrado,con toda a tarde por diantepara saltar ao outro lado.Lévame, guíame polo mapaque conduce ao tesouro.Eu intentarei seguir adiante,mais as promesas adoitan perderse...Posúeme, faime ver e sentirtodo o necesariopara seducir co meu talentoa aqueles que o ansían de verdade.Preciso atopalo, sei que está vivo.Apresúrate en chegar ao cumioou a neve desembocará nun rebumbioque te arrastre de novo ao comezo.Comezo trazando a primeira liñanun prólogo tan murcho e difusoque ameaza con quedarno simple esquecemento.Buscarei a realidade, a mentiraoculta nos poros deste cadro.Seguirei voando, e ao caerdareime por fin de conta.Arte, serei capaz de comprendela?Sempre con tanto misterio,non é máis ca unha pontefundida na boca dun soño.Espertarei algún díae toda a maxia desaparecerá:a auga do río afogará os paxaros,o sol queimará o universo enteiro...E así todo o esforzoquedará sen recompensa;e así morrerá sen chegar a serun verdadeiro poema.
Parabéns, DavidTRANSICIÓN E INFORTUNIO
Unha cantiga de esperanzano medio de tanta escuridaderesoará levada polos fíos de ventoque varren os restos da antiga paisaxe.Soamente quedan restos,iso é o que somos, ánimas de po,despois de tanto sufrimentoe despois de tantos anos.Caos que impulsa o reloxo,non queres existir sen motivo,sen algo ao que corromperdesde as raíces máis profundas.Pero esa melodía que realzao último alento dun superviventeficará no seu insigne altartentando axitar todo o perdido.Coa súa capa branca,heroe sen sangue nas mans,respirando o aire que arroupa a mortee cargando todos os seus crimes.Alimentámonos das nosas propiasalmas, sentimentos, imperfeccións...e de todo o que algunha veznos fixo humanos.Mágoa que xa ninguén a escoite,esquecida entre todo ese ruídoque cega e que enxordeceoculto tras o fulgor do ferro.Perfecto final finxidopara un novo comezo.
Á ESPERA DUN PUNTO FINAL
Perdido na noite,atrapado na escuridadee chegada a miña hora,eu sabía que pronto elaestaría fronte aosmeus ollos,atravesándome coa baleirae xélida miradados seus.Xa podía escoitar os seu pasosaproximándose lentamente,por un camiño ermo,eido das sementes do caos;pero non estaba soa,escoltada polos berros agónicosdos meus antecesores:agora era a miña quenda.Aquelas vocestornaban máis fortes,aqueles chíos negrosmomento a momento,entre cada espazo eternodunha posición das agullasá seguinte.Pero eu non choraba,non o lograbapese a todos os meus intentos,consciente da virtude,debo confesarme,e dunha vida plena.Hei de ser breve,xa contemplo a súa expresión escura,as súas fráxiles extremidadessuxeitando a arma afiadacoa que despoxarme de todo.Ficou sen moverse,parecía aterrada, arrepentidado pecado que ía cometercorrompida pola gula.Pero non había alternativa,e o fío da gadañasentín no meu costado.Foi unha sensación estraña,e por un intre sentinme liberado.Foi a derradeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario