Será o luns 20, ás 9 da mañá na biblioteca.
Xa había ben anos que non nos visitaba Suso...
Co gallo do encontro con Carlos Negro publicamos unha nova Marela (a de papel, a orixinal e xenuína) tiña -e seguirá tendo- unha débeda con Carlos Negro (descargádea en PDF e saberedes a razón).
Textos de Makinaria e Penúltimas tendencias acompáñanse de breves suxestións de lectura e ilustracións interpretativas de Cristina Ares, Alba Peiteado e Bryan Trejos.
Malia se estar cocendo unha "segunda edición" aumentada, podedes ir mirando a primeira.
E non esquezades o magnífico traballo de Rosa Salgueiro (esa si que é unha guía de lectura!).
Graciñas Carlos, graciñas Rosa.
[Unha recente e aquelada entrevista de Emilio Xosé Ínsua a Carlos]
Ningún comentario:
Publicar un comentario