luns, 5 de febreiro de 2018

Microrrelatos e aforismos II



Xa está aquí a colleita 2018 de microrrelatos e aforismos, grazas ao enxeño do alumnado de 4º de ESO.
Parabéns a todas e a todos por participaren e que desfrutedes da súa lectura.



xoves, 18 de xaneiro de 2018

IV Concurso Literario Mª Vitoria Taboada. O libro

Xa temos connosco o novo libro dixital cos textos premiados no IV Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, acompañados de ilustracións realizadas por Alejandro Dopazo Taboada, Nora Fuentes Losada, María Mato Martín, Lucía Otero Gómez, Julieta Itatí Penas Noce e Luísa María Zuluaga Garcés; alumnado de 2º do Bacharelato de Artes. A portada e a contraportada son de Aitana Iglesias Rodríguez, e a maquetación é de Sebas Anxo.
Preme na imaxe para velo.
https://issuu.com/marelatarabela/docs/historias_para_compartir_ii

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Guía de lectura de Xa non estou aquí de Iria Misa

Unha nova Marela vén de saír do prelo, trátase das suxerencias de lectura arredor da novela de Iria Misa Xa non estou aquí.
Podedes descargala en PDF.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Xa%20non%20estou%20aqu%C3%AD.pdf



luns, 8 de xaneiro de 2018

Historias para compartir II

Xa temos connosco un novo libro-folleto, o primeiro deste curso 2017-2018, obra de alumnado de 2º ESO C, dedicado á narrativa breve, dentro do Bloque de Educación literaria. 
Unha entusiasta achega, e con ilustracións complementares dos relatos que o potencial lector ou lectora agradecerá. 

venres, 10 de novembro de 2017

V Concurso Literario Mª Vitoria Taboada

Un ano máis o IES Aller Ulloa convoca o Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e  skecht teatral, neste caso na súa V edición, dirixido ao alumnado de secundaria dos centros dezaos.


Para ver as bases e outros detalles preme no cartel.

luns, 6 de novembro de 2017

Encontro con Simone Saibene

O mércores 8 de novembro terá lugar un Encontro con Simone Saibene, director de Pelerinaxes, filme baseado na obra de Ramón Otero Pedrayo, co obxectivo de aproximar o alumnado ás figuras e ao ideario dos homes da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos; dando a coñecer a viaxe que Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Fernández-Oxea fixeron de Ourense a Santo André de Teixido no ano 1927. Un achegamento lúdico á  Lingua Galega e Literatura, Historia, Xeografía e Arte; e como non ao turismo sostible.