luns, 5 de febreiro de 2018

Microrrelatos e aforismos II



Xa está aquí a colleita 2018 de microrrelatos e aforismos, grazas ao enxeño do alumnado de 4º de ESO.
Parabéns a todas e a todos por participaren e que desfrutedes da súa lectura.



xoves, 18 de xaneiro de 2018

IV Concurso Literario Mª Vitoria Taboada. O libro

Xa temos connosco o novo libro dixital cos textos premiados no IV Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, acompañados de ilustracións realizadas por Alejandro Dopazo Taboada, Nora Fuentes Losada, María Mato Martín, Lucía Otero Gómez, Julieta Itatí Penas Noce e Luísa María Zuluaga Garcés; alumnado de 2º do Bacharelato de Artes. A portada e a contraportada son de Aitana Iglesias Rodríguez, e a maquetación é de Sebas Anxo.
Preme na imaxe para velo.
https://issuu.com/marelatarabela/docs/historias_para_compartir_ii

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Guía de lectura de Xa non estou aquí de Iria Misa

Unha nova Marela vén de saír do prelo, trátase das suxerencias de lectura arredor da novela de Iria Misa Xa non estou aquí.
Podedes descargala en PDF.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Xa%20non%20estou%20aqu%C3%AD.pdf



luns, 8 de xaneiro de 2018

Historias para compartir II

Xa temos connosco un novo libro-folleto, o primeiro deste curso 2017-2018, obra de alumnado de 2º ESO C, dedicado á narrativa breve, dentro do Bloque de Educación literaria. 
Unha entusiasta achega, e con ilustracións complementares dos relatos que o potencial lector ou lectora agradecerá. 

venres, 10 de novembro de 2017

V Concurso Literario Mª Vitoria Taboada

Un ano máis o IES Aller Ulloa convoca o Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e  skecht teatral, neste caso na súa V edición, dirixido ao alumnado de secundaria dos centros dezaos.


Para ver as bases e outros detalles preme no cartel.

luns, 6 de novembro de 2017

Encontro con Simone Saibene

O mércores 8 de novembro terá lugar un Encontro con Simone Saibene, director de Pelerinaxes, filme baseado na obra de Ramón Otero Pedrayo, co obxectivo de aproximar o alumnado ás figuras e ao ideario dos homes da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos; dando a coñecer a viaxe que Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Fernández-Oxea fixeron de Ourense a Santo André de Teixido no ano 1927. Un achegamento lúdico á  Lingua Galega e Literatura, Historia, Xeografía e Arte; e como non ao turismo sostible.

 

luns, 19 de xuño de 2017

Videopoemas Sermos poetas

Xa temos aquí o marabilloso traballo do alumnado de 4º ESO, versionando os seus poemas en formato videopoema. Texto, música e imaxe da man. Poesía en estado puro e moita imaxinación.





Sermos poetas 2

Xa podemos desfrutar da edición dixital da nova publicación poética "Sermos poetas", a correspondente a este curso 2016-17, e que vén de elaborar o alumnado de 4º ESO. En breve contaremos coa versión en formato videopoemas.

domingo, 18 de xuño de 2017

Videopoemas para compartir 2017

Xa podemos gozar cos videopoemas realizados por alumnado de 2º de ESO B. No traballo amósannos o seu espírito creativo e apaixonado.

sábado, 17 de xuño de 2017

Poemas para compartir 2

Unha nova colleita da vea poética de alumnas e alumnos de 2º de ESO B, alén da súa habilidade como ilustradores e ilustradoras dos seus propios poemas. 
Este pequeno libro dixital estará acompañado da versión analóxica e da versión en formato videopoemas, en fase de montaxe.

venres, 2 de xuño de 2017

Guión Premios Mª Vitoria Taboada 2017

Faltaba o Guión do acto de entrega dos Premios literarios Mª Vitoria Taboada. Pois aquí o tedes, malia que sexa con retraso. Porén sirva como petisco á montaxe visual do acto.

sábado, 27 de maio de 2017

Entrega de premios do IV Concurso literario Mª Vitoria Taboada


De novo o acto de entrega de premios do IV Concurso literario Mª Vitoria Taboada contou como eixe do mesmo coa música do noso alumnado María, Nerea, Gabriel, Iván, Carmen, Diego, Andrea, Fátima, Miriam) e das profesoras Verónica e Almudena que nos regalaron todo o seu ben saber.
En breve poderemos ver a edición gravada do acto. Sirva como petisco esta foto, realizada polo compañeiro Carlos Míguez. Se queredes ver algunha máis premede nela.

 http://tarabelateca.blogspot.com.es/2017/05/iv-concurso-literario-m-vitoria-taboda.html

luns, 1 de maio de 2017

IV Concurso literario Mª Vitoria Taboada. E os gañadores son...

Xa temos listaxe de gañadores do IV Concurso literario Mª Vitoria Taboada nas persoas de Diego Pereiro González na categoría de poesía; e de Noa Villar Gallego, Alberto Agra Buján e Anxo Gil Figueiras na de relato curto.
Podes consultar o fallo do xurado e ler os textos gañadores premedo na imaxe.
http://tarabelateca.blogspot.com.es/2017/04/iv-concurso-literario-m-vitoria-taboada.html

luns, 17 de abril de 2017

13 pezas teatrais de sete estalos

Alumnas e alumnos de 2º ESO B móstrannos os seu bo facer teatral con estas trece pezas, en efecto, de sete estalos. Trece sketchs dos que sen dúbida desfrutarán todas aquelas persoas que se acheguen á súa lectura.

martes, 7 de marzo de 2017

Somos

O alumnado dos diferentes grupos de 4º de ESO móstranos os seus gustos a través dunha descrición etopeica feita con moito entusiamo. Velaí a mostra:
4º ESO C
4º ESO B:
4º ESO A:

luns, 13 de febreiro de 2017

Microrrelatos e aforismos para soñar

Xa temos connosco a nova fornada de microrrelatos e aforismos grazas ao marabilloso enxeño do alumnado de 4º de ESO. Unha achega que nos fará rir e chorar, como a vida mesma.
Parabéns a todas e a todos por participaren e que desfrutedes da súa lectura.
<div data-configid="1474604/44324102" style="width:400px; height:300px;" class="issuuembed"></div>
<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

martes, 17 de xaneiro de 2017

Historias para compartir

Xa temos connosco o primeiro librio-folleto deste curso 2016-2017, obra de alumnado de 2º ESO B, neste caso traballamos a narrativa, dentro do Bloque de Educación literaria. 
Feito con entusiasmo e moita imaxinación, ademais cunhas ilustracións que tentan achegar visualmente os relatos ao lector ou á lectora potenciais.

<div data-configid="1474604/43306671" style="width:525px; height:371px;" class="issuuembed"></div>
<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

Guía de lectura "Atila"

Ben de saír do prelo unha nova guía de lectura publicada n'A Marela Tarabela, nesta ocasión a dedicada ao Atila de Inacio e Iván Suárez.
 
Máis información n'A Marela

domingo, 20 de novembro de 2016

IV Concurso literario Mª Vitoria Taboada



https://issuu.com/marelatarabela/docs/diptico_vitoria_2017







Xa temos aquí a convocatoria do IV Concurso literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e  skecht teatral.
Animamos ao alumnado de secundaria dos centros dezaos aparticipar na mesma.
Se queres saber máis, dálle.